O teu espazo-ferramenta !

martes, 11 de octubre de 2011

Recolecta de Pienso para a Protectora

Organizado por A.E.N.D.A. ( www.aenda.es ) , os días 18, 19 e 20 de Outubro, na Facultade de Veterinaria (aulario), dende as 12 ás 14horas e das 17.30 ás 20.30horas,  recollese PIENSO, LATAS, XOGUETES, COMEDEIROS, ETC para can e gato (adulto e cachorro) ---> (o que mais se gasta e necesita é pienso de can adulto)

Vagalume apoia e recordache que VAGALUME É UN PUNTO DE RECOLECTA DE PIENSO CONTÍNUO !! Podes traer a túa doazón ó local e esta será entregue na Sociedade Protectora de Animais e Prantas de Lugo.
(podes comprar pienso en cualquera local comercial veterinario o supermercado común)

Ultimo día Grande do San Froilan...

... e Vagalume esperache para celebrar

viernes, 7 de octubre de 2011

hoxe, cea!

hoje, Venres 7, sobre as  21h, Cea Vegetariana !

lunes, 3 de octubre de 2011

¡ Ceas Veganas !

As Ceas Veganas seguen marcando presenza no Vagalume, as próximas serán:

  • Venres 14 de Outubro
  • Venres 21 de Outubro
ás 21.30h - se pensas vir a cear con un grupo maior de 5 persoas pedimosche que avises previamente, se podes (por calcular mellor as cantidades)

Se che animas a cociñar unha cena para Novembro, contacta!!!  Se necesitas axuda tamén a terás, claro!

Queremos probar os teus manxares !

domingo, 2 de octubre de 2011

ACTIVIDADES VAGALUME OUTUBRO 2011


ACTIVIDADES OUTUBRO 2011

 Sábado 15           Xornadas Micolóxicas

                               10.30 hrs. Palestra de introducción á Micoloxía

                               11.30 hrs. Saída á Serra da Cova da Serpe (Friol) (30 kms aprox.)

Recoméndase traer calzado cómodo e impermeable, roupa de abrigo.
Imprescindible vir sen parachuvas pero si con cesto.
Regreso a Lugo.
Cea degustación.
Aportación 5 euros.
Apúntate xa no Vagalume.

Martes 18           Noite poética ás 21.00 hrs.
Martes 25           Obradoiro de lingua de signos ás 21.00 hrs.
Mércores 26       Asamblea ás 20.30 hrs.
Venres 28           Festa de Samaín (dende apertura)
Venres 14 e Venres 21   CEAS VEGANAS  ás 21.30h

Obradoiro de Teatro, informáte no Vagalume.


Vagalume estará PECHADO: Tódos os Luns e Domingos. E os Mércores 5 e 12, por ser festividade. 

viernes, 30 de septiembre de 2011

Xornada Micolóxica Vagalume

Sábado, dia 15 de Outubro:

- as 10.30h (da mañá!): charla introductoria con fotos para tomar contacto (max 40 minutos de duración), no Vagalume
- sobre as 11.20h: saída á Serra da Cova da Serpe (aprox. 30 km)
- á volta: preparación e desgustación da cea micolóxica  =)

(con 5€ de aportación terás todo incluido)

Anotate na lista que está no local (Vagalume) !! Se tes coche e non che importa levá-lo aponta iso tamén.


Trae calzado cómodo e impermeable, cesta, faca, ropa adecuada (Non paraugas !)

Participa ! 

jueves, 15 de septiembre de 2011

Actividades SETEMBRO 2011 !

Aqui tendes algunhas das actividades previstas para este mes:


  • Martes, dia 20 ás 21h: Curso de Lingua de Signos (LSE)  ---> expande a tua comunicación !!  

        [para os interesados, en breves voltaremos cos grupos de repaso, para    manternos o ponhernos ó dia]

  • Mércores, dia 21, ás 19.30h na PRAZA MAIOR: Mercadiño de Troco organizado polo mov. 15M + charla sobre o Banco do Tempo Libre --> mercadiño + charla cada 3º mércores de cada mes : TRAI O QUE POIDAS, LEVA O QUE NECESITES !

  • Sábado, dia 24, ás 21h: Festa no Vagalume

  • Todos os Xoves e Venres do mes sobre as 20.30h: Ciclo de Cine Ciencia-Ficción!

  • Martes 27, ás 21h: Noite Poética

  • Mércores 28, ás 20:30: Asamblea Ordinaria 

  • Venres 30, ás 21.30h: Cea Vegana ! ... de momento só haberá esta cea pero voltaremos a facelas todos os Venres, estache atento !

Participa! Propon a tua actividade !

¡ Novo Blog !

Está á vista, o blog cambiou !


como sempre aceitanse opinions, suxestions e colaboracions 


en breves colgaremos as actividades vindeiras 


participa!

lunes, 29 de agosto de 2011

OLLO, A TODOS OS INTERESADOS VAGALUMES !!!!!

MOI IMPORTANTE:

Convocamos a unha Asamblea a tódolos vagalumes que queran asistir, para o día 1 de Setembro as 20:30.

1. Estado ou continuidade da Asociación Vagalume Enxebre

*
Disolución ou non da Asociación. Refundación ou non da Asociación.
* Cambio de titularidade da Xunta Directiva no rexistro da Xunta de Galicia.

2. Estado xeral das contas.

* Número de Socios.
* Asistencia.
* Cuotas.
* Débedas cós socios.

domingo, 5 de junio de 2011

con algo de retraso, aqui vai o cartaz de actividades de Xuño 2011 !!!