O teu espazo-ferramenta !

sábado, 29 de agosto de 2009

ACTIVIDADES SETEMBRO

Obradoiro de limpeza: Colabora! Mércores 9 a partires das 18:00
Curso Reiki (sanación enerxética coas mans): Charla introductoria mércores 9 ás 20:30 h Curso: sábado 12 mañá e tarde. Comeza ás 9:30 Reserva de plazas: 630 946 569 (Gerardo)
Obradoiro de plantillas: Traede radiografías ou un soporte similar! Xoves 10
Exposición: Trío Tomé (cadros, curtos, bonecos plastilina) Do día 14 ata o 18
Asemblea Vagalume: Participa! Martes 15 ás 21:00
Cea Vegana + charla – debate: introducción ó especismo e proxección documental Earthlings: Venres 18 ás 21:30
Shiatshu: Curso dixitopuntura 2 xornadas 6 horas. Sábado 19 e domingo 20. Inscripción previa: 636 060 897
Mercadiño de troco e donación: Xoves 24 a partires das 18:00 h
Recital de poesía: Antonio Lopez: Xoves 24 ás 22:00 h
Cea Vegana + proxección “Tralo Pasamontañas” Venres 25 ás 21:30
Obradoiro de tintes: Martes 29 ás 18:00 h.



participade!!!!! vagalumenxebre@gmail.com

miércoles, 26 de agosto de 2009

MERCADIÑO DE TROCO


Hola vagalumes! este Xoves volve haber mercadiño de troco e doación
colle todo o que non uses e non queiras e pásate por Vagalume a partires das 6 da tarde!!
se fai bo será na rúa...esperámoste!

martes, 18 de agosto de 2009

FESTA HORTERA!!


Gústache disfrazarte? molaríache beber blodymerys e sangría ao ritmo de Rafaella Carrá? non o penses máis, colle a roupa máis hortera que teñas e pasa polo Vagalume o venres 21 a partires das 20:00!! Haberá pinchiños, confeti e moito máis!!

CANTO MÁIS CANTOSO MÁIS FERMOSO!!

jueves, 13 de agosto de 2009

ESTA SEMANA...

este venres 14 de agosto proxectaremos un corto en galego e a peli "La Ola".



Drama. Basado en feitos reais / SINOPSE: En outono de 1967 Ron Jones, un profesor de historia dun instituto de Palo Alto en California, non tivo resposta a pregunta dun dos seus alumnos: ¿Cómo é posible que o pobo alemán alegue ignorancia á masacre do pobo xudeu? Nese momento Jones decidiu facer un experimento cos seus alumnos: instituiu un réxime de extrema disciplina na súa clase, restrinxíndolles as súas liberdades e facéndolles formar en unidade. O nome de este movemento foi The Third Wave. Ante o asombro do profesor, os alumnos entusiamaronse ata tal punto que aos poucos días comezaron a espiarse uns aos outros e a acosar a os que non querían unirse ao seu grupo. Ao quinto día Ron Jones viuse obrigado a acabar có experimento antes de que chegara máis lonxe.

ANIMADEVOS!!

viernes, 7 de agosto de 2009

NOITE DE CINE

HOXE VENRES 7 DE AGOSTO COMEZAMOS CO CICLO DE CINE!!!




A PARTIRES DAS 10 DA NOITE, PRIMEIRO HABERÁ UNHA CURTAMETRAXE EN GALEGO E DESPOIS PROXECTARASE "THE WALL". TRAEDE PALOMIÑAS (OU O QUE QUEIRADES!) E DISFRUTADE DAS MARAVILLOSAS NOITES DE CINE!!!

viernes, 31 de julio de 2009

ACTIVIDADES DE AGOSTO

difundide e participade!!


Clases de Tango “La vida es una milonga loca que sale del alma” ¡Ven a las clases de tango! (tel. 615376333, Heydi Salazar)

Todos os xoves ás 20:00 h


Ciclo de cine: 1 curtametraxe en galego + 1 peliculón

Venres 7, venres 14 e venres 28 ás 22:00 h


Festa Hortera Ven á festa o máis hortera que poidas!

Venres 21 a partires das 21:30 h


Mercadiño de troco e donación

Xoves 27 a partires das 18:00 h


Horario de Vagalume en agosto:

luns, martes e mércores de 18:00 a 23:00

xoves e venres de 19:00 a 00:00

sábados e domingos pechado

FOTOS DO MERCADIÑO DE TROCO

















este foi o mercadiño de troco de onte!!
haberá mercadiño os xoves últimos de mes, animadevos!!!

miércoles, 29 de julio de 2009

MERCADIÑO DE TROCO

Este Xoves 30 de Xulio haberá mercadiño de troco no Vagalume! trae cousas que xa non uses para cambialas por outras ou donalas!!

se fai bo día o mercadiño será na rúa, a partires das 6 da tarde, animádevos!!