O teu espazo-ferramenta !

sábado, 29 de agosto de 2009

ACTIVIDADES SETEMBRO

Obradoiro de limpeza: Colabora! Mércores 9 a partires das 18:00
Curso Reiki (sanación enerxética coas mans): Charla introductoria mércores 9 ás 20:30 h Curso: sábado 12 mañá e tarde. Comeza ás 9:30 Reserva de plazas: 630 946 569 (Gerardo)
Obradoiro de plantillas: Traede radiografías ou un soporte similar! Xoves 10
Exposición: Trío Tomé (cadros, curtos, bonecos plastilina) Do día 14 ata o 18
Asemblea Vagalume: Participa! Martes 15 ás 21:00
Cea Vegana + charla – debate: introducción ó especismo e proxección documental Earthlings: Venres 18 ás 21:30
Shiatshu: Curso dixitopuntura 2 xornadas 6 horas. Sábado 19 e domingo 20. Inscripción previa: 636 060 897
Mercadiño de troco e donación: Xoves 24 a partires das 18:00 h
Recital de poesía: Antonio Lopez: Xoves 24 ás 22:00 h
Cea Vegana + proxección “Tralo Pasamontañas” Venres 25 ás 21:30
Obradoiro de tintes: Martes 29 ás 18:00 h.



participade!!!!! vagalumenxebre@gmail.com

miércoles, 26 de agosto de 2009

MERCADIÑO DE TROCO


Hola vagalumes! este Xoves volve haber mercadiño de troco e doación
colle todo o que non uses e non queiras e pásate por Vagalume a partires das 6 da tarde!!
se fai bo será na rúa...esperámoste!

martes, 18 de agosto de 2009

FESTA HORTERA!!


Gústache disfrazarte? molaríache beber blodymerys e sangría ao ritmo de Rafaella Carrá? non o penses máis, colle a roupa máis hortera que teñas e pasa polo Vagalume o venres 21 a partires das 20:00!! Haberá pinchiños, confeti e moito máis!!

CANTO MÁIS CANTOSO MÁIS FERMOSO!!

jueves, 13 de agosto de 2009

ESTA SEMANA...

este venres 14 de agosto proxectaremos un corto en galego e a peli "La Ola".



Drama. Basado en feitos reais / SINOPSE: En outono de 1967 Ron Jones, un profesor de historia dun instituto de Palo Alto en California, non tivo resposta a pregunta dun dos seus alumnos: ¿Cómo é posible que o pobo alemán alegue ignorancia á masacre do pobo xudeu? Nese momento Jones decidiu facer un experimento cos seus alumnos: instituiu un réxime de extrema disciplina na súa clase, restrinxíndolles as súas liberdades e facéndolles formar en unidade. O nome de este movemento foi The Third Wave. Ante o asombro do profesor, os alumnos entusiamaronse ata tal punto que aos poucos días comezaron a espiarse uns aos outros e a acosar a os que non querían unirse ao seu grupo. Ao quinto día Ron Jones viuse obrigado a acabar có experimento antes de que chegara máis lonxe.

ANIMADEVOS!!

viernes, 7 de agosto de 2009

NOITE DE CINE

HOXE VENRES 7 DE AGOSTO COMEZAMOS CO CICLO DE CINE!!!




A PARTIRES DAS 10 DA NOITE, PRIMEIRO HABERÁ UNHA CURTAMETRAXE EN GALEGO E DESPOIS PROXECTARASE "THE WALL". TRAEDE PALOMIÑAS (OU O QUE QUEIRADES!) E DISFRUTADE DAS MARAVILLOSAS NOITES DE CINE!!!